Friday, February 09, 2007

PREMIOS CURUXA 2006/2007

CURUXA GRÁFICA
O tema será libre.
Poderán participar tódol@s interesad@s, de calquera país, sempre que cando nos seus traballos haxa texto, este sexa en lingua galega.
Só se aceptará un debuxo por autor/a e terá que ser inédito.
Poderán usar calquera técnica, branco e mouro ou cor, unha ou varias viñetas. Pero sempre que estean feitos en cartolina e cunhas dimensións mínimas de 21x30 cms e máximas de 42x60. Terán que ser orixinais, ou o que é o mesmo, non se admitirán fotocopias, copias dixitais, gravados, nin fotocopias de debuxos.
Os traballos presentados a concurso hanse expoñer logo do fallo nas salas do Museo do Humor.
Un xurado de admisión pode facer unha selección dos traballos a expoñer.
5. Os traballos hai que envialos antes das 12:00 horas do 20 de marzo de 2007 ó seguinte enderezo
Museo do Humor – Concello de Fene
Premios Curuxa
Avda. de Conces, 20 – 22
15500 Fene (A CORUÑA)
6. Hanse entregar indicando no sobre que os conteña, nome do autor/a, enderezo, número de documento de identidade e de teléfono, así como unha breve curricula, fotografía ou caricatura do autor. Sendo imprescindible aportar un enderezo de correo electrónico para unha pronta localización ou para manter contactos.
7. Os idiomas de relación serán en tódolos casos: galego e español .
8. Os traballos aceptados a concurso pasarán a formar parte dos fondos do Museo figurando unha selección deles nos seus locais, mostras itinerantes ou publicacións. O Museo comprométese a que sempre figure o nome do autor.
Tamén hai a posibilidade de recupera-las obras non premiadas, sempre que no envío se faga constar expresamente. Se ben quedan excluídos os traballos que non se axusten ás bases.
Esta devolución hase efectuar durante a mes de novembro de 2007
9. Haberá un único premio que consistirá en 1.502,5 euros e a entrega da Curuxa do Humor (deseñada por Fco. Xosé Pérez Porto e doada por Cerámicas do Castro, e o pagamento da viaxe e estada de tres días para a persoa que resulte gañadora.
O xurado poderá declarar deserto o premio e proceder á concesión de diferentes mencións especiais. Neste caso a contía das mencións será o resultado de dividir o importe do premio entre o número de mencións outorgadas, non podendo exceder en ningún caso a cantidade de 511 euros.
CURUXA ÓS MEDIOS
Sen dotación económica e coa entrega da Curuxa, poderán optar os medios, xornalistas ou escritores que se teñan significado polo seu labor a prol do humor ou pola presencia da compoñente humorística na súa obra.
As candidaturas para este premio poderán promovelas os membros do Xurado, os propios interesados en optar ó mesmo, as asociacións culturais... Se é un medio de comunicación ou un xornalista quen promove esta candidatura, ten que presentar unha copia do espacio ou sección co que pretende concursar (un exemplar do xornal onde se publicou o debuxo, a fotografía ou o artigo; unha casete con indicación de data e medio en que se emitiu o programa: unha cinta de vídeo...)
Nos restantes casos, agás cando se trate dos membros do xurado, os propoñentes deberán achegar coa proposta de candidatura un breve informe explicativo.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home