Tuesday, July 08, 2008

Asociación Xuvenil AMENCER de Ourense - Alexandre Bóveda

Estimado amigo/a:
Somos un grupo de mozos que pertencemos á Asociación Xuvenil AMENCER de Ourense e formamos dentro dela á Comisión Xalgarete que trata de normalizar e promocionar o idioma e a cultura galega entre a xente moza.
Escribímoslle coa intención de obter de vostede unha ilustración / debuxo / caricatura / tira ou páxina de banda desenada. O protagonista é Alexandre Bóveda cando xa levamos varios anos da celebración dos 100 anos do seu nacemento. Asumindo a dificultade ao ser algo tan concreto, podería ser un debuxo relacionado con Galiza.
O noso proxecto consiste en realizar unha sinxela publicación con diversas opinións e ilustracións sobre Alexandre Bóveda de xente significativa do noso pais para darlle a conecer á xente moza de Galicia. Sería publicar un "Cousas sobre Bóveda" do estilo narrativo breve de Castelao. Xa hai anos fixemos o mesmo con Castelao e saíu unha publicación titulada "Cousas sobre Castelao" na que participaron máis de quince ilustradores. Gustaríanos neste ano facer o mesmo con Bóveda.
O que lle pedimos é moi doado pois sería que nos "regalase" un debuxo / ilustración / caricatura / tira ou páxina de banda desenada coa técnica, estilo e formato que vostede desexe no que a temática sexa Alexandre Bóveda ou Galiza en xeral.
Gustaríanos ter a súa achega antes de outubro do 2008. Aínda así estamos abertos a outras posibilidades que vostede nos indique.
Desexando a súa colaboración neste proxecto de dar a conecer a
Alexandre Bóveda entre a xente moza despídense de vós en nome da comisión Xalgarete

0 Comments:

Post a Comment

<< Home